Listen

Description

Lanzamos o programa de hoxe dedicado a mitos, sexa mitoloxía, mitomanía e tamén outro tipo de mitos, as lendas urbanas. ¿Que sería das noites de vodka con moderación se non houbera lendas urbanas? ¿que sería do cuñadismo? E por se non houbera mitos abondo, tivemos a sorte de contar co glorioso Xurxo Souto, músico, escritor, terrícola e lenda vivinte. E pasámolo moi ben coas súas historias do mar.







A música foi de Mojo Nixon, Cream, a banda sonora de Myth, The Bates e Billie Hollyday. O submarino non para case nunca. Gracias por estar aí,