Que sería de nós sen os bonecos cos que medramos? Epi, Blas, Peggy, Rossie Fraggle, Gustavo, Sprocket, Misha e tantos e tantos outros? Porque nos gustan os bonecos e as historias que nos contan, tivemos un programa dedicado a estes seres de trapo ou madeira, cunha mención ao gran Jim Henson, mestre titiriteiro lexendario. Igual que o noso convidado de onte, o glorioso Carlos Clemente, Licenciado en Arte Dramático e impulsor da sala Gurugú, nesa estrana cidade chamada Corun-ha.
E tivemos a música de David de los Bowies, Toy Dolls, a banda sonora do Cristal Escuro e a mítica canción de Fraggle Rock. Imos a cantar, a bailar, a rir e a beber vodka con moita moderación.