Listen

Description

Sempre hai unha primeira vez para todo e todo o mundo foi novato algunha vez. É por iso que no programa de hoxe reivindicamos a novatez, tantas veces bilipendiada. A novatez mola, é o primeiro paso para a experiencia, e neste caso tamén falamos de debuts que xa quixeran ter moitas persoas presuntamente máis experimentadas.





Ademáis tivemos ao empresario coruñés Bruno Baleato, responsable do Humor Amarillo Oficial da Coruña, onde poderás emular aos xaponeses que mallaban neles coma se foran polbos. Escoitamos a música de Slip Knot, Ella Fitzgerald, Milecollin, David Bowie e a banda sonora do Pathologic 2.