Nucelares si, por suposto. Hoxe era un día para falar de radiactividade, perigosa pero que serve para que poidamos ter historias marabillosas que contar nos baixos dun edificio deseñado por Le Corbusier. A radiactividade é boa, aínda que non tanto como a gloriosa camarada Estíbaliz Espinosa, artista multipurpose, poetisa, divulgadora científica e suma pontífice da gloriosidade.
Ademáis tivemos música, o relato de Ray Douglas Bradbury e falamos de cousas de moito falar na nosa apretada inmersión. Coma sempre, gracias por estar aí