Listen

Description

O último programa da tempada tiña que ser sobre sexo, un ben moi escaso no noso submarino. O sexo move o mundo, pero só no comunismo pode disfrutarse no seu máximo esplendor. Falamos do sexo nos diferentes medios que nos molan, e tamén tivemos a sorte de contar co glorioso Senador Sande, recén nomeado para un non menos glorioso retiro dourado no yakuzzi do Senado.







Ademáis tivemos a música de Labelle, de Revolting Cocks, de Chris Isaak e de Nine Inch Nails e falamos de cousas de moito falar. Vémonos na vindeira tempada, ou non, quen sabe. Pero gracias por estar aí todo este tempo.