Hoxe foi un día moi especial porque foi o primeiro programa que fixemos desde que Cuac FM recuperou a FM tras a derrota do malvado San Caetanus. A URSS nunca perde, resiste agora e sempre fronte ao inimigo. Así que volvemos a encher as ondas do mar, e as hertzianas, co noso sónar e as nosas historias. Hoxe navegamos por un océano de sangue para falar deste líquido viscoso.
Acompañounos a gloriosa ilustradora Xulia Piñón, que anda metida en moitos proxectos máis que interesantes, tal e como nos contou despois de entrar pola escotilla do submarino. E ademáis do relato de Rudyard Kipling, das novidades destes días e da nosa inmersión, escoitamos a música de Bloodhound Gang co tema "The Bad Touch", U2 con "Sunday Bloody Sunday" e Alice in Chains con "Bleed a Freak".
Gracias por estar aí.