Aproveitando o solsticio de inverno falamos do azar. Tratamos sobre a sorte, unhas veces boa, outras mala, sempre caprichosa. Incidimos en lotarías, casinos, ruletas, cartas e demáis tentacións ludopatís que tiveron moito protagonismo nos medios que serven para contar grandes historias. Tivemos música, videoxogos, cine, teatro e literatura sobre a fortuna. E ademais contamos coa gloriosa presencia do Apalpador, un comunista de pro que vive no Courel e reparte recursos entre a rapazada.
Escoitamos a música de You, Me At Six, Johnny Cash e The Rolling Stones, e tamén falamos de Pratchett, Fallout New Vegas, Don Mendo e de bombas nucelares. Sexan felices e beban Vodka con moderación durante todo o solsticio.