Como pasa o tempo, camaradas. Parece que foi onte a revolución de outubro e xa estamos na fin do ano. E coma é habitual, facemos un repaso ao mellor e pior do ano que acaba de rematar. E ademáis tivemos a sorte de que nos visitara o glorioso camarada Borja Tosarov, astrónomo e divulgador científico quen nos falou do cosmos, contaminación lumínica e moitas cousas máis.
Ademáis tivemos espantos varios, relato, videoxogos e algunha deportación. Tamén escoitamos a música de Greta Van Fleet, Carolina Durante e Ghost. Que teñades un fin de ano cheo de vodka moderado.