Chega un novo ano e coma sempre, cheo de bos propósitos que rara vez se cumpren, salvo aquela vez que Lenin dixo que ese ano comenzaría a revolución. E así foi. Pero para o resto dos mortais, os propósitos e as intencións de cada comenzo de ano soen quedar afogadas en Vodka. Non foi así co noso programa de hoxe, cheo de boas intencións cumpridas, coma a de Alberto Aval, glorioso responsable da empresa de xogos pontevedresa Corvis Belli, que repite no submarino.
E coma sempre risas, cómics, libros, películas, videoxogos e historias soviéticas abraiantes. Tamén puxemos a música de Doug Pinnick and Others, Otis Redding, Neil Young e Alison Moshart. E que glorioso o Ant Attack, non digades. Gracias por estar aí.