Listen

Description

Nun submarino os confinamentos son moi longos. Podemos pasar varios meses debaixo da auga, e claro, xa estamos afeitos a estar pechados. É por iso que hoxe fixemos un programa especial desde o confinamento. A tripulación fixo o programa desde os seus cubículos particulares ou tamén desde os batiscafos, e todo iso para recomendaros cousas para facer en longos períodos de confinamentos.







Falamos e falamos e non paramos de falar, aínda que tamén tivemos algo de música, algunha ca outra risa e desaparicións misteriosas. Saúde, camaradas, e que pase pronto.