Na súa cabeza era espectacular. Só nela. Cando saiu, acabou resultando un desastre. Moitas veces as malas ideas son máis interesantes que as boas, por iso no programa de hoxe falamos dalgunhas das peores. Ademáis tivemos a música de Failure, Hard Ons e dunha parella infame chamada Milli Vanilli, que facían kara ou ke e foron precursores do anarosaquintanismo.
E tivemos a sorte de contar co glorioso escritor Xosé Duncan, que ten novo libro e un montón de ideas que quere levar á práctica, pero todas boas.