Chove tanto que xa non sabemos se andamos pola superficie ou pola fosa das Marianas. Así que aproveitamos para falar das historias que nos trae a choiva, que non son poucas. Molladuras siderais que inundan o ben e o mal sen distinción de cores. Falamos con Garou, máster do universo e tamén dunha "Escape Room" desas que están de moda. Pero a de Garou é moi especial.
Ademáis tivemos música de Violent Femmes, The Doors e Soundgarden, que acompañaron os diversos problemas xurdidos na sala de máquinas por causas alleas a nosa vontade.