Este foi un programa moi especial porque quixemos facer unha homenaxe a unha camarada que partiu de viaxe para o cosmos, onde os seus átomos mesturaranse cos do universo e quen sabe se algún día poderán dar lugar a unha nova forma de vida nun mundo máis xusto. Loli Patiño ficará sempre nos nosos pensamentos revolucionarios como exemplo de loita, tenacidade e bondade.
É por iso que quixemos falar no noso programa das heroínas siderais que nos acompañaron nas numerosas historias que nos gustan. Tamén tivemos a música de Halestorm, Pretenders, L7, Pretty Reckless, Kittie, Hole e In This Moment. Tamén falamos de Hypathia, de Fantômme, de Yaya Ceravella e moitas outras.