Como no xogo da oca, neste programa fomos "de puente a puente y tiro porque me lleva la corriente". Aínda que neste submarino somos máis de ir a contracorrente. E tamén somos máis de patos que de ocas.
Con todo, falamos entre outras das pontes de Ludendorff, Tannhäuser, Midgard, Øresund, o Golden Gate, a do río Kwai e, por suposto, a ponte de Rande, que non afunde cado ti estás pasando porque lle fixeron unha proba de carga que pa que.