Neste programa sideral falamos de galaxias case tan grandes como a Cidade da Cultura. E bastante máis baratas.
Lembramos ao recentemente finado Marvin Lee Aday Meat Loaf e, por suposto, falamos do Rocky Horror Picture Show e o seu alien. Tamén viaxamos polo universo de The Expanse, as bandas sonoras de Galáctica, o simulador de ciencia ficción Elite Dangerous e o Mundo Anel de Larry Niven. E un pouquichiño polo Mundodisco, non vaia baixanos o nivel de Pratchett en sangue.
Polo medio falamos de máis cousas aínda, que ben coñecedes a inmensidade espacial dos nosos coñecementos. Todo condensadiño en 57 minutos cal Átomo Primixenio, "dende o noso corazón ás vosas almas".