Pois miren ustedes, resulta que iamos falar de gatetes do mal, e aínda falamos dalgún, como os gatos malvados de Disney -que non son tantos como semellan- ou os de Stephen King, e ata falamos de Nieves Concostrina e María de la O Lejarra, que escribiu sobre unha gata e un can. Pero logo chamamos á xornalista Lucía Pita e á fotógrafa Rocío Cibes, membros do equipo de comunicación das Tanxugueiras no Benidorm Fest, e contáronnos un montón de cousas moi interesantes e divertidas, así que igual o resto dos gatos quedan para unha segunda entrega.