Look for any podcast host, guest or anyone

Listen

Description

Neste novo episodio “Desinformación nos medios de comunicación”, abordamos os fenómenos de desinformación no ecosistema mediático que están a socavar a confianza nas institucións e supoñen un risco para a democracia. Para afondar nas causas e nas consecuencias da proliferación de falsidades ou loiadas e de información manipulada nas redes sociais conversamos con tres investigadoras da Universidade da Coruña: 

Laura Morán Fernández, profesora da Facultade de Informática e Membro do Grupo de Investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) 

Irene González Martínez, profesora da Facultade de Dereito, investigadora no proxecto “Comunicación e publicidade dixital non discriminatoria para unha sociedade xusta e igualitaria”.

Tamara Pazos Cordal, bióloga, neurocientífica e responsable de Comunicación e Divulgación Científica do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC.

Contido do programa

As expertas da UDC debaten sobre as razóns e factores psicosociais e normativos que alimentan a proliferación de mentiras ou loiadas e a desinformación nos medios de comunicación. Un fenómeno amplificado polo auxe das redes sociais e a intelixencia artificial, que intensifican a capacidade de influencia sobre grupos especialmente vulnerables ás mensaxes falsas, con efectos prexudiciais que poden menoscabar a saúde física ou mental.

Así mesmo, entre os principais riscos as convidadas sinalan a afectación ao funcionamento democrático en contextos como o europeo, onde está consolidándose o discurso do odio, racismo e xenofobia, así como mensaxes conspiranoides ou negacionistas científicos.

O programa tamén pon o acento nas posibles solucións, estratexias e abordaxes para contrarrestar este fenómeno, como unha mellor alfabetización mediática e informacional da poboación, a adopción de boas prácticas comunicativas por parte dos propios divulgadores científicos ou a responsabilidade no uso das pantallas en poboacións vulnerables.