
Entrevista a Sergio Fernández Alonso, técnico de proxectos da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, emitida no programa "Convivir en Igualdade" da Radio Galega o 13 de novembro de 2014. Durante a conversa, Sergio fala sobre o "I Certame de microrrelatos Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano" organizado por ESF Galicia e aproveita para matizar o concepto de Tecnoloxía aplicada para o Desenvolvemento, ademáis de presentar as distintas actividades nas que está a traballar a asociación.