
Os próximos días 15, 16 e 17 de decembro celebraranse no paraninfo da escola de Enxeñeiros Técnicos Industriais as IV Xornadas de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Humano. Estas Xornadas, organizadas pola ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, nacen coa intención de aportar unha visión ampla e realista da situación enerxética mundial. Os poñentes participantes nas Xornadas, expertos a nivel nacional en diversos temas relacionados coa situación enerxética mundial, falarán de temas que irán dende a insostenibilidade enerxética do sistema alimentar, ata a enerxía nuclear. As xornadas serán inauguradas por José Cidrás, catedrático da Universidade de Vigo en Enxeñería Eléctrica. Entre os poñentes cabe destacar a José Luis García Ortega, responsable de Proyectos de Energía Limpia de Greenpeace, que intervirá o día 15 ás 12:30, e a Jose María Vélez, presidente da Asociación de Productores de Enerxías Renovables (APPA), que falará do presente e futuro das enerxías renovables en España o día 17, ás 10 da mañá.