Edición número 1079 de O Recanto do Corcovado, emitida o 25 de novembro por Radio Crónica Mérida e o 26 de novembro a través de CUAC FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Abrimos cunha longa homenaxe a Narf. Soan temas dos seus discos como cantor solista, do seu traballo coa Psicofónica de Conxo e das colaboracións xunto a Manecas Costa e os Timbila Muzimba. Completamos con Gelria, o Abe Rábade Trío e un par de temas do novo de Albert Sanz, "Mediterraníes".