Edición número 1090 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 10 de febreiro a través de Radio Crónica Mérida e o sábado 11 a través de CUAC FM e da Radio Municipal de Redondela. Soan Masaa, Tuuletar, Subsonic Trio, o trío conxunto Arto Järvelä-Ånon Egeland-Bruce Molsky, Les Amazones d'Afrique, Guadi Galego e Mariem Hassan con Seydu. Falamos tamén dos IV Premios Códax da Música.