Listen

Description

Edición número 1093 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 3 de marzo por Radio Crónica Mérida e o sábado 4 por Cuac FM e a Radio Municipal de Redondela. No menú, Finlandia, Galicia e Portugal. Abrimos cos novos discos do Markku Lepistö Trio, Tallari e Afrotysonia. Completamos co Subsonic Trio, Primordiais, Celina da Piedade e o último traballo de Dulce Pontes.