Listen

Description

Edición número 1109 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 23 de xuño por Radio Crónica Mérida e o sábado 24 por Cuac FM e a Radio Municipal de Redondela. Abrimos con "Dos medinas blancas", o traballo conxunto asinado por Carmen Paris e Nabyla Maan. A seguir, monográfico adicado á edición número 13 do Festival e Jazz de Vigo, o Imaxinasons. Escoitamos a Uri Caine, Abe Rábade Trío, Marc Ducret, Xan Campos e Alexander Von Schlippenbach.