Edición número 1135 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 23 de febreiro a través de RCFM e o sábado 24 a través de Cuac FM e da Radio Municipal de Redondela. O disco destacado da semana é "Diivan jäljet", de Johanna Juhola. Estreamos tamén o último de Boubacar Traoré, TootArd e Maya Youssef. Completamos con Juurakko, Xabier Díaz & Adufeiras de salitre e Xoel López.