Listen

Description

Edición número 1142 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 13 de abril a través de Radio Crónica Mérida e o sábado 14 a través de Cuac FM e da Radio Municipal de Redondela. Estreamos o primeiro adianto de "Deixaas", o novo disco de Mercedes Peón, ademais de "Música y silencio", disco compilatorio que resume a carreira do cubano José María Vitier. Soan tamén Guadi Galego, The Gloaming, Trinca de Ases e Carles Dénia.