Edición número 1148 de o Recanto do Corcovado, emitida o venres 25 de maio por Radio Crónica Folk Música e o sábado 26 a través de Cuac FM e da Radio Municipal de Redondela. Estreamos os últimos discos da Orquestra Folk SondeSeu, dos 3TM, do Jaska Lukkarinen Trío e de Verneri Pohjola con Mika Kallio. Completamos con Guadi Galego, Tosta e Rodrigo Romaní.