Listen

Description

Edición número 1157 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 28 por Radio Crónica Folk Mérida e o sábado 29 por Cuac FM e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Fatoumata Diawara e máis Susana Seivana. Soan tamén dous temas gravados ao vivo na que foi a primeira entrega do certame Cantos na Maré. Usámolos para falar da súa nova edición. Completamos con Emilio Rúa, Eliseo Parra e Mercedes Peón.