Listen

Description

Edición número 1168 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 14 de decembro a través de Radio Crónica Folk Música (Mérida) e o sábado 15 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Adicamos a primeira parte do programa a distintas novidades editadas polo selo alemán ACT. Soan os novos discos de Andreas Schaerer, Vincent Peirani e os Kuu!. Completamos dende Finlandia con Suistamon Sähkö e Eleanoora Rosenholm.