Listen

Description

Edición número 1169 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 21 de decembro a través de Radio Crónica Folk Música (Mérida) e o sábado 22 pola Radio Municipal de Redondela e Cuac FM A Coruña. "Trece cancións bonitas", de Germán Díaz e Benxamín Otero, é o noso disco destacado da semana. Estreámosvos tamén "Solos", a última gravación de Markku Lepistö. Completamos con temas de Kepa Junkera coa Cobla Sant Jordi e de Catrin Finch xunto a Seckou Keita.