Edición número 1176 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 8 de febreiro por Radio Crónica Mérida e o sábado 9 pola Radio Municipal de Redondela e Cuac FM A Coruña. Abrimos con Fatoumata Diawara para falarmos do seu concerto en Ferrol. Será en maio. A seguir estreamos o primeiro tema do que vai ser o novo disco de Ses. Soan tamén Xosé Manuel Budiño, Pauanne, Mari Kalkun e o proxecto Nordic Raga.