Edición número 1194 de O Recanto do Corcovado, emitida o sábado 14 de xuño a través de Radio Crónica Folk Mérida e o sábado 15 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Mdou Moctar e Baba Commandant & The Mandingo Band. Falamos do concerto de Gilberto Gil en Vigo e da minixira galega dos andaluces Contradanza. Completamos con Les Amazones d'Afrique, Tuuletar e Antti Paalanen.