Edición número 1199 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 20 de setembro por Radio Crónica Mérida e o sábado 21 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Presentamos os últimos discos de ZEM, do dúo Albet Sanz & Javier Colina e de 3TM, proxecto liderado polo percusionista finlandés Teppo Mäkynen. Entran tamén, dende o compilatorio "Flamenco cool", temas de Pátax, Enriquito e a Afrodisian Orchestra.