Listen

Description

Edición número 1200 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 27 de setembro por Radio Crónica Folk Música e o sábado 28 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os últimos discos do proxecto kurdo-finés MA Rouf e do Kronos Quartet, desta volta coas artistas persas Mahsa Vahdat e Marjan Vahdat. Soan tamén Zagala e Omiri, dous dos proxectos peninsulares que estarán na vindeira entrega do WOMEX de Tampere. Completamos con Guadi Galego e varias pezas de "Estómac", o último disco da catalana Clara Peya.