Edición número 1203 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 18 de outubro por Radio Crónica Folk Musical (Mérida) e o sábado 19 pola Radio Municipal de Redondela e Cuac FM A Coruña. Estreamos o novo disco de Faarao Pirttikangas cos Nubialaiset e tamén o disco conxunto "Kalevala elävänä tai kuolleena". Soan temas de Pekko Käppi & K:H:H:L, Suistamon Sähkö e do propio Faarao Pirttikangas. Completamos con Nusrat Fateh Ali Khan ao vivo no Womad de Mersea (1985) e temas do compilatorio "Worldwide": escollemos pezas de The Gloaming, Yungchen Lhamo, Geoffrey Oryema e Bokanté coa Orquestra Metropole.