Listen

Description

Edición número 1205 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 1 de novembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 2 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Palomylly e Rhiannon Giddens, desta volta a dúo con Francesco Turrisi. Entra tamén "Desposorio", primeiro adianto do novo traballo das Tanxugueiras. Completamos con pezas de Guadi Galego e Caoimhín Ó Raghallaigh & Thomas Bartlett e, dende o disco colectivo "Kalevalla elävänä tai kuolleena", Maija Kauhanen & Paleface e Pekko Käppi & K:H:H:L.