Edición número 1222 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 28 de febreiro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 29 pola Radio Municipal de Redondela e Cuac FM A Coruña. Estreamos os novos discos de Sés e Amir John Haddad "El Amir". Adiantamos tamén varios cortes do novo traballo de Fernando Barroso e completamos con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e Marco Mezquida a dúo con Chicuelo.