Listen

Description

Edición número 1224 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres día 13 de marzo por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 14 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os últimos discos de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, ademais de adiantar pezas dos novos discos de Mulatu Astatke & Black Jesus Experience e Natalie Greffel. Entran tamén pezas do Son Trío, Fernando Barroso e do disco "When will the blues leave", traballo póstumo de Paul Bley editado por ECM.