Edición número 1226 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 27 de marzo por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 28 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Escoitamos dende Finlandia os novos discos do proxecto colectivo "Mortality" e de Aili Ikonen con Jukka Perkko. Completamos cos dous últimos movementos da Sinfonía número 3 op. 36 de Henryk Górecki, na versión de Beth Gibbons (voz solista) coa Orquestra Sinfónica da Radio Nacional de Polonia, baixo a condución de Krzyztof Penderecki.