Edición número 1228 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 10 de abril por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 11 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos "O método", o último disco do portugués Rodrigo Leão. Escoitamos tamén os novos lanzamentos do trío sueco Kaja e da banda afincada en Helsinki Jaakko Laitinen & Väärä Raha. Completamos cun par de temas extraidos do novo disco de Natalie Greffel.