Edición número 1229 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 17 de abril a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 18 por Cuac FM e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos "Gitana mora", o novo disco de La Banda Morisca, ademais dun adianto do que vai ser o primeiro disco da Piirainen | Blom | Company. Adicamos tamén varios minutos a falarmos sobre a nosa nominación como finalistas nos Premios Martín Códax, dentro da categoría adicada ao mellor Medio de comunicación musical. Completamos con pezas de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, o Son Trío e El Amir.