Listen

Description

Edición número 1232 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 8 de maio por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 9 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Abrimos con "O maio", poema de Curros Enríquez musicado por Nastasia Zürcher e Adrián Saavedra. Colaboran na gravación Pablo Lesuit, FAIA, Najla Shami, Narci Rodriguez, Eladio Santos, Belém Tajes, Leo Burke, Brais Morán, Yhadira García, Xiana Lastra Pernas, Su Garrido Pombo Música e High Paw. O proxecto xorde por iniciativa do Consello da Cultura Galega para celebrar o 140 aniversario da publicación de "Aires d'a miña terra". Soan a seguir Caxade, MJ Pérez, Sés e o Son Trío. Seguimos coa estrea do novo single dos alemáns Wanubalé e cun adianto do novo de Mulatu Astatke cos Black Jesus Experience. Pechamos cun tema do sobresaliente novo discos dos Masaa.