Edición número 1233 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 15 de maio por Radio Crónica Folk Musical, e o sábado día 16 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Abrimos o programa con "Latexo, no novo disco de Xosé Lois Romero co proxecto Aliboria. Soan a seguir un par de pezas do novo disco de Xabier Díaz e as Adufeiras de salitre. Adicamos logo varios minutos á figura de María Manuela, quen vén de ser galardonada co premio honorífico na sétima edición dos Premios Martín Códax da música galega. Pechamos con outra estrea, o máis que inquedo novo disco do pianista Xan Campos.