Listen

Description

Edición número 1240 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 3 de xullo por Radio Crónica Folk Musical Mérida e o sábado 4 por Cuac FM e a Radio Municipal de Redondela. Escoitamos pezas inéditas de Ibrahim Ferrer dende a reedición de "Buenos hermanos". Soa como disco destacado da semana "Alma nuestra", o novo de Salvador Sobral e Víctor Zamora. Estreamos na recta final o novo disco de Mulatu Astatke cos Black Jesus Experience, antes de nos despedir cun dos mellores temas do novo disco de Les Amazones d'Afrique.