Edición número 1241 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 10 de xullo por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 11 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Rodrigo Romaní e Beatriz Martínez, 9Bach, Viitase Piia e Laura Moisio, ademais do traballo colectivo "Come on up to the house", adicado ao repertorio de Tom Waits. Escoitamos versións asinadas por Angie McMahon e Aimee Mann. Completamos o programa coa música de Xosé Lois Romero e Aliboria.