Edición número 1251 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 13 de novembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 14 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Adiantamos temas dos que van ser os novos discos de Guadi Galego, Amparanoia e Pedro Guerra. Estreamos a seguir os novos discos do proxecto Ikiranka (Juha Kujanpää, Joakim Berghäll e Teemu Korpipää) e do contrabaixista australiano afincado en Helsinki Nathan Riki Thomson. Completamos o programa cos últimos traballos de Markku Lepistö & Petri Hakala e Sakari Kukko.