Edición número 1252 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 20 de novembro por Radio Crónica Folk Musical, e o sábado 21 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Guadi Galego, Irina Björklund & Pauanne e The Mystic Revelation of Teppo Repo, ademais dun adianto do que vai ser o primeiro disco dos Gájanas. Completamos o programa con pezas de Marco Mezquida e Rubén Reinaldo e Kely García.