Edición número 1255 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 11 de decembro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 12 a través de Cuac FM A Coruña e máis a Radio Municipal de Redondela. Estreamos os novos discos de Eliseo Parra, Luciérnagas e Susana Seivane. Completamos o programa con pezas de Guadi Galego e Nastasia Zürcher coa Beautiful Band.