Edición número 1261 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 22 de xaneiro por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 23 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos o novo disco de Pablo Sanmamed, "Ben vennas maio", ademais de adiantos dos novos discos de Fernando Abreu, Os Resentidos e Nastasia Zürcher. Presentámosvos tamén o novo single de Guadi Galego con Paula Grande antes de nos despedir co novo EP das finlandesas Tuuletar e un tema do inminente novo disco de Perttula.