Edición 1271 de O Recanto do Corcovado, emitida o venres 2 de abril por Radio Crónica Folk Musical e o sábado 3 a través de Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Estreamos en primicia "Calma", o novo disco en solitario de Fernando Abreu, aínda se data oficial de publicación. Presentámosvos tamén o novo disco de Mariza, desta volta adicado á obra de Amália Rodrigues, ademais dun adianto do novo disco de Baiuca, desta volta coa colaboración de Rodrigo Cuevas. Pechamos o programa con temas de Xisco Feijoó e Xurxo Fernandes.