Listen

Description

Edición número 1276 de O Recanto do Corcovado. Foi emitida o venres 7 de maio a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 8 por Cuac FM A Coruña e a Radio Municipal de Redondela. Celebramos o Día das Letras Galegas coa estrea do proxecto "Intempériome", de Fernando Abreu e Xela Arias. Estreamos tamén o novo disco da banda de Vigo Loiros, ademais de reflexionar sobre a dimensión poética do último disco de Guadi Galego. Completamos o programa cos Resentidos, Xurxo Fernandes e o propio Fernando Abreu en solitario.